sábado, 11 de marzo de 2017

viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de aprendizaxe UD3

Sesión 1: Despois da explicación do traballo, como faltaban dous membros do grupo, decidimos Andrea e máis eu que fora ela a coordinadora. Unha vez nos entregaron o texto, o a axudei a sintetizar o texto e coller o fundamental para a nosa parte, a prágmática sanción e a desamortización de Méndizabal.
Sesión 2: Coma nesta sesión eramos só dous pois os outros dous compañeiros seguían sen estar o único ao que me deu tempo a facer foi de acordar con Andrea de divir o texto, de que cada un fixera o vocabulario dunha das partes e anotalo.
Sesión 3: Nesta sesión, aproveitando que viño Adolfo, repartimonos entre nós as partes do texto para adaptalas á gravación mentres que Andrea remataba o vocabulario que nos quedou á sesión anterior.
Sesión 4: Cada un de nós ensaiou á súa parte para poñernos a gravar posteriormente e así xa ter os audios feitos.
Seión 5: Nesta sesión non fixen nada pois os demáis compañeros estiveron utilizando os ordenadores para tratar de montar o vídeo e buscar documentos.